Referencias legais

1.- Proceso de admisión

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26/12/2012), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación.
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15/03/2013) pola que se desenvolve o citado decreto.
Orde de 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
Regulamento das escolas infantís de Narón (BOP Nº 230 do 01/12/2014)
Regulamento do consello escolar municipal de Narón (BOP Nº 173 do 30/07/2005)

2.- Mapa escolar

Mapa escolar de Narón elaborado pola Consellería de Educación e aprobado en consello escolar municipal o 13/02/2008:

MÁIS INFORMACIÓN E CONSULTAS

Esta información será completada polas instrucións da Dirección Xeral de Centros.

Sede de Inspección Educativa de Ferrol

Enderezo: praza Camilo José Cela s/n, 7ª planta, 15404 Ferrol

Teléfonos: 981337073/981337074

Correo electrónico: inspeccion.ferrol@edu.xunta.gal

Páxina web: www.edu.xunta.gal